"Ancona" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
CIDADES
Cidade e capital da provincia de Ancona, na rexión das Marcas, Italia, na costa adriática (99.258 h [estim 1997]). É un excelente porto natural e un importante núcleo industrial, onde destaca a construción naval; así mesmo, ten aeroporto. Aproveita as abas do monte Conero, sobre as que forma un anfiteatro. Fundárona os mercadores gregos de Siracusa ao redor do 390 a C. Bispado dende os ss V-VI, fixeron con ela unha doazón ao Papado en 1797. En 1808 anexionouna o Reino de Italia e retornou a mans papais en 1815; no ano 1860 pasou definitivamente ao Reino de Italia. Cómpre salientar entre os seus patrimonios culturais o arco de Traxano, a catedral de San Ciriaco (ss XII e XIII), a Lonxa (s XV) e varios edificios do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da rexión das Marcas, Italia (1.940 km2; 441.633 h [estim 1997]). A capital é Ancona.
-
-
Relativo ou pertencente ao cóbado.
-
ancóneo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciriaco de Pizzicolli.
-
PERSOEIRO
Crítico e historiador da literatura. Foi profesor de literatura na Università di Pisa (1860), onde ensinou o método histórico e crítico. Escribiu, entre outras obras, Sacre rappresentazioni dei secoli XIV-XVI (Representacións sacras dos ss XIV-XVI, 1873), Le origini del teatro in Italia (A orixe do teatro en Italia, 1877) e Scritti danteschi (Escritos dantescos, 1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo italiano. Escribiu numerosos traballos de romanística, como La leggenda di Don Carlos nel teatro spagnuolo del seicento (1913), e especializouse en temas hispánicos. Publicou varias monografías sobre as relacións culturais italo-catalanas recollidas en Motivos hispánicos (1934).
VER O DETALLE DO TERMO