Ancona
Ancona
Cidade e capital da provincia de Ancona, na rexión das Marcas, Italia, na costa adriática (99.258 h [estim 1997]). É un excelente porto natural e un importante núcleo industrial, onde destaca a construción naval; así mesmo, ten aeroporto. Aproveita as abas do monte Conero, sobre as que forma un anfiteatro. Fundárona os mercadores gregos de Siracusa ao redor do 390 a C. Bispado dende os ss V-VI, fixeron con ela unha doazón ao Papado en 1797. En 1808 anexionouna o Reino de Italia e retornou a mans papais en 1815; no ano 1860 pasou definitivamente ao Reino de Italia. Cómpre salientar entre os seus patrimonios culturais o arco de Traxano, a catedral de San Ciriaco (ss XII e XIII), a Lonxa (s XV) e varios edificios do s XVIII.