"Andrade" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 63.

  • GALICIA

    Científico, profesor e investigador. Cursou estudios de Ciencias Físicas e de Enxeñería Técnica Forestal. É investigador científico no Instituto Nacional de Investigacións Agrarias, especialista en Fitoclimatoloxía e profesor de Silvicultura na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal. Entre outros cargos, desempeñou o de secretario xeral da Sociedade Española para o estudo dos pastos, secretario da European Grassland Federation, subcoordinador nacional do programa de investigación de pastos e profesor de repoboacións na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal. Recibiu varios premios en recoñecemento do seu labor investigador: a Cruz do Mérito Agrícola, o Premio de Publicacións INIA e o Certificate of Apreciation Foreing Research and Technical Programs dos EE UU. Formulou tres difundidos modelos de análise fitoclimático, considerados referentes indispensables, e un método de diagnose, avaliación e prescrición ecoculturais, ademais do estudo monográfico dunhas oitenta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pontedeume baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica; San Martiño de Andrade, en Pontedeume, vén ser o berce da liñaxe dos Andrade. O topónimo procede, segundo algúns investigadores, do xenitivo do nome de posesor Andraldus (> xenit Andraldi) que pasaría a Andradus por escurecemento do -l- intervocálico; o que vén, á súa vez, do xermánico anthar que significa ‘outro, alleo, segundo’. Pola contra, segundo outros, a súa orixe está no xenitivo do antropónimo Antriatus (> xenit Antriati) de orixe escura. Como apelido é bastante frecuente en Galicia e xa aparece documentado no s XIII: “Petrius Ueremendi de Andrade” (doc ano 1206, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes de P. Loscertales, I p 265).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritor pertencente a un grupo de narradores galegos en castelán, algúns deles xa se deran a coñecer como tales antes de 1936. O seu traballo ao servizo da cultura de Galicia tivo o seu verdadeiro desenvolvemento a partir da década dos 50. O seu labor insírese dentro da corrente do novo ensaísmo de raizame galega e moderno espírito europeo. Orixinal ensaísta, escribiu un estudo titulado Etnobiología atlántica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Descendente por liña paterna de Alonso de Lanzós, foi un dos protagonistas das Revoltas Irmandiñas. Licenciado canonista no Colegio de San Bartolomé de Salamanca, obtivo a cátedra de Decretais neste mesmo centro. Foi oidor da Real Audiencia de Sevilla, fiscal da suprema Inquisición de España e conselleiro do Tribunal. Ao tempo que ocupaba o cargo de Vicerrei, foi nomeado Arcebispo de Palermo e de Jaén. Neste último lugar fixo proclamar o culto a San Pedro Pascual por bula do Papa Clemente X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político galego da familia dos Andrade. Foille outorgado o título de conde de Andrade en 1480 polos Reis Católicos e tras vencer aos franceses en Seminara en 1503, gañoulles 13 bandeiras e incorporou o seu emblema ao escudo dos Andrade. Destacou na campaña de Nápoles como Lugartenente do Gran Capitán. Defendeu nas Cortes de Castela convocadas por Carlos I en 1520 a concesión do Voto en Cortes para Galicia que fora suprimido en 1476, ao quedar supeditado ao voto de Zamora. Como consecuencia, parece ser que o Rei o desterrou á Coruña; aínda que, segundo algúns investigadores, o certo é que volveu á cidade herculina como enviado do Emperador para preparar a recepción do Rei. Alí foi nomeado Capitán Xeneral da Armada en Flandres. Promoveu e organizou expedicións da Armada en terras americanas. Na segunda campaña comandada por Pedro de Mendoza en 1535 fundouse a cidade de Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado en Dereito pola Universidade de Oviedo e diplomado en Xemoloxía pola Universidade de Barcelona e pola The Gemmological Association of Great Britain. Musicólogo e crítico musical especialista en música romántica e na figura de Johannes Brahms, así como na canción romántica galega e na vida e obra de Andrés Gaos. Conferenciante e autor de numerosos artigos sobre música na prensa (La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, etc) e en revistas especializadas (Correo Musical Argentino, Ritmo, Scherzo, etc). Redactor dos programas musicais da Orquestra Sinfónica de Galicia, Amigos de la Ópera e Fundación Barrié de la Maza. No eido musical publicou Monografía sobre Johannes Brahms (1982); Los instrumentos de viento en la música de Johannes Brahms (1983); Las canciones con texto en francés de Andrés Gaos (1987); La Banda Municipal de La Coruña y la Vida Musical de la Ciudad (1998). Como entomólogo estudiou os cárabos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Campión do mundo de vela na clase Soling en Vaurien (1978 e 1979). Foi mellor deportista de España en 1979 e participou nos Xogos Olímpicos de Moscova (1980) e Os Anxeles (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Campión do mundo de vela na clase Soling en Vaurien (1978 e 1979), onde participou xunto co seu irmán Rodrigo Andrade Olivié.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deuse a coñecer como poeta, arredor do 1900, logo de gañar o primeiro premio nun certame organizado polo Ateneo León XIII de Santiago. Outorgáronlle un premio pola composición “Íntima” na celebración do centenario de Rojas Zorrilla en Toledo. No 1910 gañou en Santiago a flor natural polo poema “Las cumbres” e o primeiro accésit por “La casa muerta”. Salienta a súa obra lírica en castelán Al amor del terruño (1915), libro de corte clásico e inspiración romántica que contén as súas poesías premiadas; o monólogo lírico Al desplegarse la rosa (1917) e, sobre todo, Diana de gaita (1930), na que mostra unha fermosa visión da paisaxe galega con gran sensibilidade. Algúns investigadores subliñan a influencia deste libro na obra de Amado Carballo -concretamente, en Proel e no poema “O Galo”- aínda que non estea aínda claro se a intervención se deu en forma de reciprocidade, de indución ou de maxisterio dunha das partes sobre a outra. De confirmarse este influxo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso da Orde dos franciscanos. Ingresou no colexio de pasantes de Alba de Tormes en novembro de 1770 e concluíu o seu trienio no ano 1773. Xa no 1786 exerceu como discreto no convento de San Francisco de Santiago e o 10 de xuño de 1790, desempeñando o cargo de gardián do convento de Lugo, fixo o acostumado xuramento de examinador sinodal. No ano 1804, data da súa morte, ocupaba o cargo de gardián do convento de Ferrol. A súa obra está en relación coa situación que ocupaba de predicador xeral. Así, publicou as obras: Sermón que en acción de grazas por el feliz nacimiento de los señores infantes gemelos Carlos y Felipe... dijo en Betanzos, el 26 de diciembre de 1783, el P. ____ (1784) e Elogio fúnebre que en honor del católico rey d. Carlos III dijo, en el día 23 de enero del año de 1789, en la iglesia de N. P. San Francisco de la villa de Ferrol, el P. ___(1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Palencia en 1628, de Burgos en 1631 e de Sigüenza en 1640. En 1636 foi Vicerrei e Capitán Xeneral de Navarra e nove anos máis tarde fíxose cargo do Arcebispado de Compostela. Publicou nesta cidade en 1648 o libro Constituciones sinodales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto neoclásico que exerceu como arquitecto municipal da Coruña no primeiro terzo do século XIX. A súa concepción arquitectónica quedou perfectamente exposta na capela do cemiterio da Coruña (1834).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor que realizou numerosas exposicións en Galicia. Isto determinou o seu paso ao circuíto nacional para expoñer co Colectivo Androx en Valladolid, Burgos e Aranda del Duero, así como na Galería Millares de Madrid e na Mostra Inter Bienais de Vilanova de Cerveira en Portugal. Andrade entende a escultura como un constante reto entre el e a materia, unha busca progresiva de solucións sobre o seu modo de traballar e as esixencias que lle impoñen os elementos dos que se serve para comunicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido polo Emperador Carlos V, o 1 de maio de 1543, a Fernando de Andrade das Mariñas, segundo conde de Vilalba. Foi Capitán Xeneral da Liga Santaza e das tropas do Pontífice Adriano VI e acadou moita sona nas campañas españolas en Italia. O conde de Andrade casou coa viúva do seu curmán Diego de Acevedo, a condesa de Monterrei Francisca de Zúñiga. A súa filla, Teresa de Andrade e Zúñiga, contraeu matrimonio co conde de Lemos, Fernando Ruíz de Castro e herdou o condado. A liñaxe dos Andrade tivo a súa casa orixinaria en Andrade, Pontedeume, onde aínda se conserva unha fortaleza co mesmo nome. Antepasados dos condes foron os señores Pérez de Andrade, Fernández de Andrade e outros que descenden dos condes de Traba e Trastámara. Seica foi Fernán Pérez de Andrade quen acuñou moeda e engadiu -lembrando o favor prestado ao Rei don Enrique-, un xabaril e un oso ás armas primitivas da famila. De feito, o xabaril é a figura principal dos Ares que foron nun comezo lugartenentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro pertencente á liñaxe dos Andrade. Na segunda metade do s XVI tomou parte nas loitas entre os señores galegos por títulos e poderes. Despois de enfrontarse ao Arcebispo Fonseca, ao conde de Monterrei, aos Pardos e aos Ribadeneiras, chegou a un acordo no 1474. Loitou tamén a prol da princesa herdeira Isabel, irmá de Enrique IV, na súa disputa con Xoana a Beltranexa polo trono de Castela, axudando a escuadra comandada por Ladrón de Guevara. Mentres este tomaba Baiona, Diego de Andrade ao lado do Arcebispo compostelán ocupou Pontevedra, Redondela, Vigo, Arousa e Oca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto nado en Cee (A Coruña). Inscribiuse como estudante entre 1654 e 1656 na facultade de Artes da Universidade de Santiago. Comezou a traballar nos talleres da Catedral de Santiago desde 1662 onde desenvolveu un ascenso profesional rápido: tres anos máis tarde xa aparecía vencellado ao fabriqueiro Vega y Verdugo que o promocionou como Aparellador Maior da catedral (1669). Pouco tempo despois, en 1676 acadou o cargo de mestre de obras coa obriga de organizar os espectáculos de fogos artificiais, trazar e dirixir todas as obras do edificio catedralicio e as posesións do cabido santiagués. Como arquitecto cómpre salientar as súas numerosas intervencións na catedral: a remodelación da Porta Santa (1694), o pórtico real da Quintana (1695-1700), a capela do Pilar (1686-1710) e sobre todo, a Torre do Reloxio (1676-1680) onde chegou ao seu cumio monumental e decorativo. A todo isto hai que lle engadir a súa actividade como mestre de obras municipal. Desta época son edificios civís tan significativos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico inglés. En 1935 resultou elixido fellow da Royal Society e, en 1950, director da Royal Institution e do Davy-Faraday Laboratory. Traballou na estrutura do átomo e nos raios gamma. Entre outras obras, publicou en 1924 The Struture of the Atom (‘A estrutura do atómo’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. Iniciado co Neorrealismo, seguiu un camiño máis tradicional con algúns detalles tipicamente modernos. Da súa abondosa obra cómpre salientar Adolescente (1942), Os amantes sem dinheiro (1950), As palavras interditas (1951), Coração do dia (1958), Obscuro domínio (1971) e O peso da sombra (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de Roi Freire de Andrade e Inés González de Soutomaior. A el débeselle o prestixio inicial acadado pola casa dos Andrade. A súa actividade política e militar xira ao redor de Enrique de Trastámara: acolleuno na súa Torre de Pontedeume, facilitoulle unha nave en Ferrol e acompañouno á Corte do Rei de Francia cando este aínda era príncipe. Entre as actividades bélicas documentadas que protagonizou están: a loita contra Fernando de Castro, da casa de Lemos, en defensa do príncipe Enrique (1366); a súa participación na Batalla de Montiel, en 1369, segundo a tradición iniciada polo licenciado Molina (1550), quen engade que foi tamén o que matou a Pedro o Cruel. Enrique II dooulle os señoríos do Ferrol e Pontedeume, por privilexio do 19 de decembro de 1371, e o señorío de Vilalba, o 3 de agosto de 1373. Así mesmo, parece que conseguiu o privilexio de cuñar moeda, feito constatado pola presenza de moedas do s XIV da casa dos Andrade. Entre as obras que financiou nos seus dominios...

    VER O DETALLE DO TERMO