Andrade Tojedo, Xoán Bautista

Andrade Tojedo, Xoán Bautista

Deuse a coñecer como poeta, arredor do 1900, logo de gañar o primeiro premio nun certame organizado polo Ateneo León XIII de Santiago. Outorgáronlle un premio pola composición “Íntima” na celebración do centenario de Rojas Zorrilla en Toledo. No 1910 gañou en Santiago a flor natural polo poema “Las cumbres” e o primeiro accésit por “La casa muerta”. Salienta a súa obra lírica en castelán Al amor del terruño (1915), libro de corte clásico e inspiración romántica que contén as súas poesías premiadas; o monólogo lírico Al desplegarse la rosa (1917) e, sobre todo, Diana de gaita (1930), na que mostra unha fermosa visión da paisaxe galega con gran sensibilidade. Algúns investigadores subliñan a influencia deste libro na obra de Amado Carballo -concretamente, en Proel e no poema “O Galo”- aínda que non estea aínda claro se a intervención se deu en forma de reciprocidade, de indución ou de maxisterio dunha das partes sobre a outra. De confirmarse este influxo na obra póstuma de Amado Carballo, habería que destacar tamén a súa influencia sobre toda a escola imaxinista. Andrade tiña máis obras pendentes de publicación, pero que non chegaron ao prelo por mor da súa morte: Poemas compostelanos, Enfoques (estudios sobre sensibilidade); El Pazo, los cipreses y el mar (ensaios sobre a paisaxe) e a novela La sombra de Fr. Juan. En lingua galega publicou apenas tres ou catro poemas, aínda que parece que antes do seu pasamento preparaba a publicación dunha obra lírica en galego, co título de Cantarelas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lérez, Pontevedra

  • Deceso