"Andreu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 24.

  • PERSOEIRO

    Escultor. Inicialmente estivo relacionado co Grupo Parpalló (1957) e, baixo a influencia de Oleiza, Brâncusi e Pevner, recolleu as experiencias informalistas do momento, como manifestan as súas estruturas metálicas retortas. Afastado desta liña, en 1961, concretou a ligazón entre a arte e a comunidade social (La veu d’un poble 1964-65, Monument a l’amor 1965-67, My black brother 1966), reduciu a complexidade da escultura e empregou unha linguaxe pragmática. Ao final dos sesenta, iniciou unha recoñecida fase de experimentación con elementos metálicos; realizou obras cinéticas a partir de materiais comúns (Catalán power 1976) e comezou a facer esculturas de gran formato e monumentos (Monument als Països Catalans, Tárrega 1981). Ao redor de 1980 experimentou con arame. En 1981 concedéuselle o Premio Nacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario. Hai que destacar na súa obra: Introdución á novela contemporánea (1966), Eugenio d’Ors, crítico literario (1971), Modernismo y Postmodernismo (1974) e Sub-literaturas (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en farmacia e un dos precursores da industria farmacéutica en España. A súa Pasta pectoral, moi exportada a América do Sur, foi un dos primeiros específicos preparados en España. Organizou o laboratorio farmacéutico que leva o seu nome, Doctor Andreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pallaso. En 1920 montou, xunto cos seus curmáns René e Pau (Polo), o famoso número de Andreu-Rivels. Gozou dun amplo prestixio internacional e o número, no que empregaba unha cadeira e unha guitarra, acadou moita sona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor valenciano. Foi discípulo de Joaquín Sorolla e membro da Academia de San Fernando. Pintou escenas típicas da Comunitat Valenciana e de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aínda que de orixe non galega, desenvolveu en Galicia a maior parte da súa actividade profesional no eido da zootecnia dende a primeira década do s XX ata os anos corenta. Publicou a memoria La mejora de la ganadería (1920), presentada polo Servicio Agronómico Provincial de Pontevedra ao Comité de mellora pecuaria constituído pola Deputación de Pontevedra, coa que colaborou en programas de mellora gandeira. Realizou un traballo máis completo sobre a mellora xenética na obra Sobre la mejora del ganado bovino (1927). Centrou a súa atención en programas de mellora de gando porcino, pondo en práctica unha nova fórmula levada a cabo pola Misión Biolóxica de Galicia, coa que colaborou mentres estivo en Pontevedra e á que apoiou dende o Ministerio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora en lingua castelá de orixe galega. Publicou dúas obras: De una niña de provincias que se vino a vivir en un changall (1981) e Báculo de papel (1986). Recibiu o premio Adonais, polos seus poemas, e o premio Gabriel Miró, de contos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico catalán. Traballou cos indios de Paposo (Chile) e identificouse cos patriotas da xunta de Córdoba; os nacionalistas chilenos fixéronlle ocupar a sede de Santiago (1813). Fernando VII confinouno en Galicia e en Valladolid, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atracción de circo de renome mundial. Foi creada en Barcelona no 1920 por Pere Andreu i Pausas e presentada polos seus fillos Josep, René e Pau (Polo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Iniciou as súas colaboracións xornalísticas en Madrid en distintas publicacións como Blanco y negro, na que asinou numerosas crónicas de viaxe co pseudónimo de El Hidalgo de Tor. Posteriormente, emigrou a Bos Aires e alí colaborou con El Diario Español e La Nación, entre outros xornais. Publicou Novelas lóstregos. Amor de pai (1900), a novela curta O terruño (1900) e o conto “No hespital” (1904), ademais doutros relatos en distintas publicacións da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Abandonou os estudios do seminario para emigrar a Bos Aires en 1901. Alí colaborou en numerosas publicacións e foi onde comezou a desenvolver o seu estilo irónico e satírico, mesmo sufriu ataques daqueles que rapidamente o etiquetaron como anarquista por mor da dureza dos artigos que escribía. Tres anos despois regresou a Galicia onde colaborou no Diario de Pontevedra. Máis tarde marchou a Madrid como colaborador dos xornais El País, invitado por Santiago Mataix, e España Nueva; alí coñeceu o poeta Rubén Darío, os irmáns Machado, a Pío Baroja e a Ramón María del Valle-Inclán, e asistiu a numerosos parladoiros de destacados cafés do centro de Madrid. Continuou a súa etapa madrileña redactando para as publicacións El Mundo, Los Lunes del Imparcial, La Correspondencia de España, El Sol, La Voz e La Correa. Despois de viaxar a Turquía entrou na redacción de La Tribuna. En 1916 ingresou en ABC como correspondente,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Lugo (1714-1717). Ingresou no convento carmelita de Valdemoro. Foi profesor de filosofía e teoloxía, prior de Onda e de València, provincial dos conventos de València, Aragón e Navarra, asistente xeral das provincias hispánicas e procurador e vicario xeral da orde. Elixírono representante do Reino de València para pedir a Carlos II a restitución do cargo de vicechanceler. Despois de ser bispo de Lugo, nomeárono bispo de Teruel, pero morreu antes de chegar á nova sé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte e pintor. Formou parte do grupo do Cenacle e cultivou o impresionismo e o expresionismo. Entre outras obras publicou Las Brigadas Internacionales de la Guerra de España (1974). En 1980 designárono director do arquivo histórico de Sabadell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico grego. Bispo de Corinto en 1921 e arcebispo de Atenas en 1938 e 1942. Foi desterrado polo goberno grego (1938-1941). Opúxose á ocupación alemá e protexeu os xudeus. O Rei Xurxo II nomeouno rexente de Grecia (1944-1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Discípulo de Nebrija, doutorouse en Teoloxía na Universitat de València, onde foi catedrático de Filosofía (1515-1523) e promoveu a renovación dos métodos de ensino. Amigo e correspondente de Lluís Vives, deixou inéditos comentarios sobre obras de, entre outros, Séneca, Plinio e Valerio Máximo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta e lingüista. Exerceu o seu labor pastoral entre os araucanos en Chile. Publicou unha gramática do araucano (Arte de la lengua general del reino de Chile, 1764). Coa a expulsión dos xesuítas dos dominios da Coroa española (1767), refuxiouse en Italia, onde publicou, en defensa da Compañía de Xesús, Memoria católica (1783).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e guionista. Foi autor de novelas de serie negra e libros infantís. Escribiu guións de cómics e de películas como Estoy en crisis (1982), El caballero del Dragón (1985) e Barcelona Connection (1987), e dirixiu a película Sauna (1989). Para televisión traballou nos guións das series Crónica negra e Pájaro en una tormenta. Destacan as súas obras Aprende y calla (1979), Infern forestal (1987), Flanagan Blues Band (1997) e Los vampiros no creen en Flanagans (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Militou na Federación Socialista Catalana do PSOE (1913-1919), mais foise aproximando cara ao anarcosindicalismo. Delegado polo Sindicato de Profesionais Liberais da Confederación Rexional de Cataluña no segundo congreso da CNT, defendeu activamente as directrices da revolución rusa e a adhesión da CNT á Terceira Internacional. En Barcelona, militou na Oposición Comunista Española e conduciuno cara á autonomía organizativa, a Esquerda Comunista, que formaría o Partido Obrero de Unificación Marxista (1935), do que foi secretario ao inicio da Guerra Civil Española. Escribiu Les anarchistes et le mouvement syndical (1924), Les ditadures dels nostres dies (1930), El proletariado español ante la revolución (1931) e Els moviments d’emancipació nacional (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista grego, fillo de Papandreu. Ocupou dous ministerios sucesivos no goberno de seu pai (1964-1965). Prendido pola Ditadura dos Coroneis, en 1967 exiliouse. En 1974 volveu a Grecia, onde fundou e encabezou o Panellino Socialistiko Kinima (Movemento Socialista Panhelénico, PASOK). Foi primeiro ministro de Grecia (1981-1989 e 1993-1996).

    VER O DETALLE DO TERMO