Andreu Lázaro, Jesús

Andreu Lázaro, Jesús

Aínda que de orixe non galega, desenvolveu en Galicia a maior parte da súa actividade profesional no eido da zootecnia dende a primeira década do s XX ata os anos corenta. Publicou a memoria La mejora de la ganadería (1920), presentada polo Servicio Agronómico Provincial de Pontevedra ao Comité de mellora pecuaria constituído pola Deputación de Pontevedra, coa que colaborou en programas de mellora gandeira. Realizou un traballo máis completo sobre a mellora xenética na obra Sobre la mejora del ganado bovino (1927). Centrou a súa atención en programas de mellora de gando porcino, pondo en práctica unha nova fórmula levada a cabo pola Misión Biolóxica de Galicia, coa que colaborou mentres estivo en Pontevedra e á que apoiou dende o Ministerio.