"Aniana" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Academia Pontaniana Institución fundada cara ao ano 1440 en Nápoles baixo a protección de Alfonso IV de Aragón, de onde deriva o seu primeiro nome de Academia Alfonsina. Nos comezos os seus membros reuníanse ao redor de Antonio Becadelli, o Panormita (deste alcume deriva o nome de Academia Panormitana), e á súa morte dirixiuna Giovanni Pontano, de quen toma o nome definitivo. Os seus obxectivos eran a realización de estudios filolóxicos e a promoción dos escritores napolitanos (Sannazzaro, etc). Disolveuse a mediados do s XVI e rexurdiu nos primeiros anos do s XIX con obxectivos diferentes.
-
LOCALIDADES
Localidade do Languedoc, Occitania, no departamento francés de Erau, á esquerda do río Erau. Neste lugar, no 782, Vítiza fundou un mosteiro que tomou o nome de Bieito ( Bieito de Aniana), fillo do conde de Magalona. A protección que obtivo de Carlomagno e dalgúns nobres da rexión convérteno nun dos centros relixiosos e culturais máis importantes de Aquitania. O mosteiro foi suprimido en 1790.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Magalona, Languedoc 750? - Cornelimünster, Renania 11.2.821) Monxe bieito, de orixe goda. Sendo novo serviu na corte de Pipino o Breve e na de Carlomagno. Monxe cara ao 774 en Dijon, non aceptou o cargo de abade e retirouse ao seu país onde fundou a abadía de Aniana (780?), centro da reforma monástica en Francia, co obxectivo de uniformar a orde beneditina. Luís o Piadoso nomeouno superior xeral de todos os mosteiros e encargoulle a súa reforma por todo o Imperio. É autor da Concordia regularum. A súa festividade celébrase o 11 de febreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cronicón denominado tamén impropiamente Cronicón de Moissac, que comprende o período 670-821. Foi redactado por un monxe do mosteiro languedociano de Aniana sobre a base dos anais reais francos e dos anais languedocianos, xa perdidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura estendida polo N de África, desde Tunes ata Marrocos atlántico, durante o Paleolítico Superior. OBS: Tamén se denomina cultura iberomauritana.