Bieito de Aniana, san

Bieito de Aniana, san

(Magalona, Languedoc 750? - Cornelimünster, Renania 11.2.821) Monxe bieito, de orixe goda. Sendo novo serviu na corte de Pipino o Breve e na de Carlomagno. Monxe cara ao 774 en Dijon, non aceptou o cargo de abade e retirouse ao seu país onde fundou a abadía de Aniana (780?), centro da reforma monástica en Francia, co obxectivo de uniformar a orde beneditina. Luís o Piadoso nomeouno superior xeral de todos os mosteiros e encargoulle a súa reforma por todo o Imperio. É autor da Concordia regularum. A súa festividade celébrase o 11 de febreiro.