1 bieito -ta

1 bieito -ta

(< lat benedictu)

  1. adx

    Que recibiu a bendición de Deus a través dun dos seus ministros.

    Ex: No bautizo botáronche auga bieita pola cabeza.

  2. adx

    Relativo ou pertencente á orde beneditina ou de san Bieito.

    Ex: Era un monxe bieito quen vixiaba a biblioteca do mosteiro.

  3. adx e s

    Que se caracteriza pola súa bondade ou que é incapaz de facer mal.

  4. s

    Frade ou relixiosa da orde beneditina.

    Ex: Neste mosteiro en ruínas houbo bieitos.

  5. adx e s

    Que ou quen goza de boa fortuna ou felicidade.

    Ex: Bieito aquel que practica o ben entre as persoas.

Frases feitas

  • Non haber nin cruz nin auga bieita. Lugar ou conxunto de persoas que non profesa ningunha relixión.