Bieito de Palermo, san

Bieito de Palermo, san

Fillo de escravos africanos, era coñecido co alcume de o Mouro. Pastor e labrego, ingresou na orde dos franciscanos e permaneceu no convento de Santa María de Palermo, primeiro como irmán leigo e logo como superior do cenobio. Recibe culto especial en Sicilia, o seu lugar de nacemento. En Galicia venérase na parroquia de Santa Cristina de Covas, en Meaño, onde se introduciu o culto a comezos do s XIX. Na iconografía represéntase coa faciana de cor negra, co pelo curto e crecho, cunha ampla tonsura monacal e vestindo o hábito castaño dos franciscanos, atado cun cordón. A súa festa celébrase o 4 de abril, agás en Covas, onde se conmemora o martes de Pascua.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sicilia