"Ansar" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

    1. Eliminar dun animal as súas calidades de ferocidade ou un estado anormal de indocilidade, furia ou rabia, para tornalo manso.

    2. Calmar a ferocidade, a ira, a malevolencia, o odio ou calquera manifestación violenta.

    3. Deixar de ser violenta, adusta, arisca ou esquiva unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Cantábrico, no litoral da parroquia de Morás, concello de Xove, situada ao N da punta Arxente e do con das Salseiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico traumatólogo. Foi médico militar na Guerra de Marrocos (1909). Profesor de Patoloxía e Clínica Cirúrxica da Universidade de Madrid (1928), fundou a Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. Durante a guerra de 1936-1939 foi cirurxián na zona republicana. É autor de tratados médicos (Patología quirúrgica, 1932) e dunhas memorias (De las guerras coloniales a la guerra civil, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reducir considerablemente a forza dunha persoa ou dun animal, a causa dun esforzo, dun traballo ou doutra actividade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cansa quen dá, que quen pide non cansa nin cansará. Non hai cousa que máis canse có traballo; mais tamén adoita cansar o moito ”.

    2. Causar desagrado unha cousa ou alguén que se repite moito ou carece de interese.

      1. Esgotar ou esgotarse a fertilidade da terra.

      2. Deixar de botar auga un manancial.

    3. Sentir unha diminución da forza debido a algún tipo de actividade.

    4. Experimentar desagrado por algo ou alguén que é repetitivo ou que carece de interese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio en Oriente destinado a acoller as caravanas. Construídos ao longo das distintas rutas, estaban constituídos por catro corpos, xeralmente cun piso enriba, que formaban un patio cunha fonte no seu centro para as ablucións. Contaban tamén con cociñas, cortes, baños e, ás veces, complementábanse cunha mesquita. Nas cidades, ademais da súa función de hospitalidade, empregábanse para vender as mercadorías e facer todo tipo de operacións comerciais. En Irán desenvolveuse o tipo de catro iwáns das mesquitas ou madrasas e en Siria organizáronse, a partir do s XIII, en patios con arquerías e varios pisos, o inferior para os animais e as mercadorías, e os superiores para os viaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Interromper unha actividade para facer desaparecer o cansazo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ás veces descansar non é o mesmo que folgar. O que quere descansar ten que saber o que é traballar. Que lle imos facer? Descansar e volver beber”.

    2. Estar sen traballar.

    3. Permanecer en estado de repouso e sen consciencia.

    4. Xacer no sepulcro.

    5. Recuperarse a terra durante o tempo que non se traballa.

    6. Deixar de estar atormentado por unha dor ou preocupación.

      1. Ter algo a base nalgún lugar que serve de apoio.

      2. Ter o seu fundamento algo inmaterial noutra cousa.

    7. Estar algo parado e sen utilizar nalgún lugar.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, sobriño de François Mansart. Seguidor do estilo de Louis Le Vau, nomeárono arquitecto real en 1675. Desde 1678 ocupouse da ampliación de Versailles, onde fixo a Galería dos Espellos, a capela, a Orangerie e o Grand Trianon. Construíu o castelo de Marly (1679-86), e traballou nos de Dempierre e Maintenon, e no convento de Saint-Cyr (1686). En París fixo a praza das Vitoires (1686), a praza Vendôme (1699) e a cúpula de Saint-Louis-des-Invalides (1677-1706).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de cuberta con vertentes rotas como consecuencia da intersección de planos inferiores, moi inclinados, con outros superiores, de pouca inclinación, para conseguir maior espazo no interior e aproveitalo para vivenda.

    2. Piso situado baixo este tipo de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Comezou a súa carreira cun estilo de influencia italiana, pero continuou cun estilo puramente clásico francés, do que foi un dos iniciadores. En París realizou obras como o Hôtel de la Vrillière (1635-1645), a escaleira central do Hôtel Carnavalet (1654), o Hôtel Tubeuf, o Hôtel Fieubert e a cúpula do oratorio da igrexa de Val-de Grâce, rematada por J. Lemercier. Fóra de París, proxectou a á Orléans do castelo de Blois (1635-1638) e o castelo de Maisons. Atribúeselle a invención das mansardas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jules Hardouin-Mansart.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ir máis lenta unha corrente de auga.

    2. Quedar en remanso unha persoa ou unha situación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agustín Fernando Muñoz Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO