"Anveres" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Anveres, en Flandres (Bélxica), situada ao fondo do esteiro da Escalda (459.072 h [1995]). Forma unha auténtica conurbación con Bruxelas, con preto de 4 millóns de habitantes entre os 40 km que separan as dúas cidades. O núcleo antigo está no interior dun recinto murado do s XVI. A cidade esténdese á beira do río e posúe un dos portos máis importantes do mundo tanto polo seu tráfico como polas súas instalacións. Aínda que a súa importancia tamén se debe á súa proximidade ás rexións de industria pesada do noroeste de Europa. O gran movemento portuario favoreceu o nacemento dunha industria moi diversificada (refinerías, petroquímica, autómobil, agroalimentaria, talle de diamantes, etc). Unida ao Sacro Imperio Romano-Xermánico, converteuse no 1008 no centro dun marquesado dependente do ducado de Brabante e do Imperio. A cidade, sen embargo, non adquiriu relevo ata o s XIV, cando comezou a monopolizar o tráfico entre Inglaterra e o oeste de Alemaña. Anveres converteuse...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Flandres, Bélxica (2.861 km2; 1.628.710 h [estim 1995]). A capital é Anveres.
-
TERRITORIOS
Territorio dos Países Baixos, unha das dezasete antigas provincias. Cara ao 950 quedou baixo a autoridade do Sacro Imperio Romano-Xermánico, e no 1008 foi erixida como marquesado baixo a dependencia do Imperio e do duque de Brabante, a partir do cal seguiu as vicisitudes históricas da casa de Brabante.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Anveres, cidade de Bélxica.
-
Natural ou habitante de Anveres.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edición políglota da Biblia patrocinada por Filipe II e dirixida por Benito Arias Montano. Baseada na edición da Complutense, introduciu numerosas correccións. Publicada entre o 1569 e o 1573, consta de 8 volumes.