apendicularia
apendicularia
-
s
f
[ANIMAL]
Urocordado da clase das apendicularias.
-
s
f pl
[ANIMAL]
Clase de urocordados formada por individuos peláxicos de pequenas dimensións, de 2 a 30 mm, e de forma ovoide. Teñen o corpo transparente e unha cola longa, que persiste toda a vida e que contén o notocordio. Son os únicos urocordados que conservan o notocordio en estado adulto (perennicordados). Forman parte do plancto dos mares temperados e cálidos. Os xéneros principais son o Oikopleura (cosmopolita), Fritillaria e Appendicularia (frecuentes no Mediterráneo e o Atlántico) e Kowalevskaia (carente de cor).