"Apeles" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Pintor grego. Aínda sendo o máis famoso pintor da época clásica, non se conservan orixinais seus; coñécese a súa obra polas descricións de autores antigos e algunhas copias pompeianas das súas obras, polas que se sabe que destacaba no tratamento dos efectos da cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral de pensamento e cultura aparecida en outono de 1994 en Iria Flavia (Padrón). Editada pola Fundación Camilo José Cela e dirixida polo propio escritor ata a súa morte, acontecida o 17 de xaneiro de 2002, dedícase á difusión da literatura e da cultura en xeral. Dividida nas seccións “El émbolo de Descartes”, “El rayo y la esperanza”, “La lumbre y el amor” e “Las cartas sobre la mesa”, entre outras, recolle textos, ensaios ou poemas de distintas procedencias e inéditos en castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir de setembro de 1986. Editada polo servizo municipal de Educación da cidade, tratouse dunha publicación especializada en literatura infantil cunha periodicidade irregular. Coordinada por Mª Jesús Fernández, tivo como obxectivos a promoción da lectura e a dinamización cultural. Incluíu entrevistas, creacións literarias e traballos sobre coñecidos escritores estranxeiros de literatura infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria mensual publicada en Madrid e Palma de Mallorca a partir de abril de 1956. Cesou en marzo de 1979 (nº 276). Editada baixo a dirección de Camilo José Cela, estivo dedicada á poesía, aínda que tamén publicou traballos de filosofía, escultura e pintura. Cun formato libro, incluíu ensaios e estudos literarios, análises, creacións literarias e orixinais inéditos de numerosos autores galegos, españois e estranxeiros. Nela colaboraron as principais figuras da literatura da época e nalgúns números editáronse monográficos dedicados a Miró, Picasso, Rubén Darío e Valle-Inclán. Baixo este mesmo título creouse unha editorial coa que se publicaron libros de diversos autores.

    VER O DETALLE DO TERMO