Extramundi y los Papeles de Iria Flavia, El

Extramundi y los Papeles de Iria Flavia, El
[PUBLIC]

Revista trimestral de pensamento e cultura aparecida en outono de 1994 en Iria Flavia (Padrón). Editada pola Fundación Camilo José Cela e dirixida polo propio escritor ata a súa morte, acontecida o 17 de xaneiro de 2002, dedícase á difusión da literatura e da cultura en xeral. Dividida nas seccións “El émbolo de Descartes”, “El rayo y la esperanza”, “La lumbre y el amor” e “Las cartas sobre la mesa”, entre outras, recolle textos, ensaios ou poemas de distintas procedencias e inéditos en castelán.

Palabras veciñas

extramediterráneo -a | extrameridiano -na | extramundar | Extramundi y los Papeles de Iria Flavia, El | extraneidade | Extranet | extraoficial