"Apolinar" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do grego Apollinarios ‘consagrado a Apolo’, a través do latín Apollinaris. Outra variante deste nome é Apolinario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou o Vello (Alexandría s IV) Retórico cristián. Pai de Apolinar de Laodicea. Cando Xuliano o Apóstata prohibiu aos cristiáns a ensinanza das obras clásicas, escribiu para substituílas libros de gramática, poesías, etc, a imitación de Eurípides e doutros estudiosos, dun notable interese histórico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou o Novo ( Ladiocea 313? - 329?) Bispo de Laodicea. Opúxose insistentemente ao Arrianismo afirmando a divindade de Xesucristo. Admitida a tricotomía antropolóxica (corpo, alma, espírito), ensinou que no Cristo este terceiro elemento estaba substituído polo logos divino, do que se segue que en Xesús non había natureza humana completa. A súa doutrina cristolóxica foi condenada polo Concilio de Constantinopla (381).
-
PERSOEIRO
Primeiro bispo de Ravenna, cidade á que, segundo a lenda, chegara na compaña de san Pedro e no seu mesmo porto foi martirizado ata a morte (200). Atribúenselle moitos milagres, como a curación dun cativo cego e a exorcización dun poseso. O primeiro en lle dar tratamento de mártir foi Pedro Crisólego (432-452). A súa veneración foi exaltada especialmente por Xustiniano, dedicándolle dúas basílicas. Pertence ao s VII unha Passio sancti Apollinaris, totalmente apócrifa. A súa festividade celébrase o 23 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apolinar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina cristolóxica de Apolinar de Laodicea e dos seus seguidores.
-
-
Relativo ou pertencente ao apolinarismo.
-
Seguidor do apolinarismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Lyon 430? - Clermont-Ferrand, Auvernia 488?) Bispo e escritor galorromano. Os seus escritos, 24 poemas en hexámetros, dísticos elexíacos e hendecasílabos, e 147 cartas, son a única fonte para a historia do período en que viviu. A súa festividade celébrase o 23 de agosto.
-
GALICIA
Mestre. Exerceu a docencia de ensino primario en Vigo, onde foi director da Escola Graduada do Arenal. Desde 1927 dirixiu a “Página Pedagógica” de El Pueblo Gallego e impulsou a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza na zona viguesa, que despois de maio de 1936 pasou a denominarse Federación Gallega de Trabajadores de la Enseñanza e da que foi presidente. Foi un personaxe de extrema importancia na renovación escolar durante a década de 1920. Durante a República foi secretario xeral da Federación Socialista de Vigo e morreu fusilado por formar parte do Comité de defensa da República nos primeiros dias da sublevación. Publicou varios traballos na “Página Pedagógica” do Faro de Vigo e colaborou na revista pontevedresa Escuela Vivida.
VER O DETALLE DO TERMO