tefigrama

tefigrama
s m [METEOR]

Diagrama meteorolóxico en que se representa en abscisas as temperaturas absolutas e en ordenadas os logaritmos neperianos das temperaturas potenciais. Ten a propiedade de que a área comprendida dentro de calquera curva que represente unha evolución termodinámica reversible é igual á calor absorbida ou ao traballo efectuado por cada unidade de masa.

Palabras veciñas

tedioso -sa | Tees | Teesdalia | tefigrama | teflón | tega | Tegal