"Apollo" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
-
ehículo do programa Apollo co obxectivo de aterrar na Lúa. Constaba de tres elementos: módulo de mando, de forma cónica, centro de control, preparado para a vida da tripulación; módulo de servicio, de forma cilíndrica, parte propulsiva do módulo de mando; e módulo lunar, de forma poliédrica, parte do vehículo destinada a aterrar na Lúa, provista dunhas unidades propulsoras propias.
-
Nome que, seguido dun número en cifra latina, se lle dá a cada un dos voos do programa espacial norteamericano Apollo. Os tres primeiros da serie foron lanzados en 1966 co foguete Saturn I-B, quen de poñer en órbita 18 toneladas, e consistiron en voos suborbitais de proba da reentrada na atmosfera. O Apollo 4 foi o primeiro lanzado co foguete Saturn V capaz de satelitizar 126 toneladas. O Apollo 5 (1967), que sería o primeiro voo tripulado, non chegou a realizarse, por mor dun accidente sufrido na fase de probas (alí morreron os tres astronautas que tiñan que facelo). O Apollo 7 (1968) representou o primeiro voo tripulado do programa e, ademais, constituíu a primeira colocación en órbita dunha cápsula espacial norteamericana con tres astronautas. O Apollo 8 (1968) foi a primeira misión tripulada norteamericana de voo arredor da Lúa. O Apollo 9 (1969) representou unha misión de adestramento en órbita terrestre que tivo por finalidade probar o funcionamento do módulo lunar e a realización...
-
Programa aeronáutico dos EE UU constituído por 21 voos espaciais e que tivo por finalidade conseguir a exploración da Lúa antes da fin do ano 1970. Comezou no 1960 por decisión do Presidente dos EE UU John Fitzgerald Kennedy. Leváronse a termo previamente os voos Mercury e Gemini, desenvolvéronse a serie de foguetes Saturn e ademais, aumentou a información co lanzamento das sondas espaciais Ranger, Surveyor e Lunar Orbiter.
-
Proxecto astronáutico dos EE UU para utilizar os vehículos, os foguetes e as técnicas postas a punto co programa Apollo para misións espaciais tripuladas, xa sexan de órbita terrestre, xa sexan lunares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cova de Namibia con potentes niveis do Paleolítico medio e final de África do Sur. En varios niveis rexistráronse táboas de pedra coas pinturas naturalistas máis antigas coñecidas en África (rinocerontes, antílopes, cebras, etc) datadas entre 26.000 e 17.000 a C.
-
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario. Redactor da revista O moscovita, foi o primeiro teorizador da doutrina estética da arte pola arte, e da crítica orgánica, intento de fusión da crítica idealista e da positivista. De tendencia romántica, manifestou influencias de Schelling e de Carlyle. Publicou Da verdade e a sinceridade na arte (1856).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Exaltou a Antigüidade e os ideais humanistas. Próximo ao naturalismo, intimista, paisaxista e amante da natureza, consideraba que a poesía era unha necesidade espiritual da humanidade. Escribiu Dve sud´by (Dous destinos, 1845), Mašen’ka (1846), Očerki Roma (Esbozos de Roma, 1847) e Neapolitanskij al’bom (1858).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político ugandés. Líder do Uganda People’s Congress, foi presidente de Uganda (1966), despois de protagonizar un golpe de estado que aboliu a monarquía e estableceu un réxime unitario e non parlamentario. Foi deposto (1971) por Idi Amin Dada e exiliouse en Tanzania ata 1980, cando volveu a Uganda. Reelixido presidente do estado (1980), outro golpe de estado depúxoo en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO