"Apolonio" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe literario nacido probablemente da literatura grega helenística. A súa aparición máis antiga atópase nunha novela latina anónima dos s III a C: Historia Apolloni regis Tyri. As aventuras de Apolonio culminan coa súa unión con Luciana e, nunha segunda parte, coa accidentada recuperación de súa filla. O tema de grande aceptación na Idade Media, foi recollido na Gesta Apolliniis, probablemante do s X. Reapareceu posteriormente en Shakespeare, Cervantes e Victor Hugo.
-
PERSOEIRO
Gramático grego, o máis importante da súa época, coñecido polo alcume o Díscolo, ou sexa ‘o difícil’, por mor da súa escuridade (motivada en gran parte pola súa pésima linguaxe, chea de solecismos e anacolutos). Consérvanse del catro libros: Pronome, Conxunción, Adverbio e Sintaxe. Foi o que impuxo o termo de sintaxe para designar a teoría da construción do discurso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor grego. Autor do torso do Belvedere e do Puxilista sentado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático grego, último dos grandes xeómetras helénicos. É famoso o seu tratado sobre as Cónicas, o libro oitavo que foi recuperado por E. Halley (1646). Fixo o estudo da elipse, da hipérbole e da parábola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta grego, discípulo de Calímaco, sen dúbida o principal poeta épico da época helenística. Non se conserva íntegra a súa obra completa, aínda que si a máis exitosa: Os argonautas.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo neopitagórico, presunto autor dunha Vida de Pitágoras e do tratado Iniciación e sacrificios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor grego, autor, xuntamente co seu irmán Taurisco, do coñecido grupo do Touro Farnese, conservado en Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO