Apolonio
Apolonio
Personaxe literario nacido probablemente da literatura grega helenística. A súa aparición máis antiga atópase nunha novela latina anónima dos s III a C: Historia Apolloni regis Tyri. As aventuras de Apolonio culminan coa súa unión con Luciana e, nunha segunda parte, coa accidentada recuperación de súa filla. O tema de grande aceptación na Idade Media, foi recollido na Gesta Apolliniis, probablemante do s X. Reapareceu posteriormente en Shakespeare, Cervantes e Victor Hugo.