Apología del Trono y del Altar

Apología del Trono y del Altar
[PUBLIC]

Obra publicada no 1818 polo arcebispo de Santiago frei Rafael de Vélez, se cadra, o eclesiástico hispano que máis afervoadamente defende o absolutismo monárquico na época da súa restauración logo da invasión napoleónica. Composta de dous tomos, o primeiro deles vai dedicado ao monarca Fernando VII e o outro á Virxe das Dores.