"Aquila" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Xénero de aves da familia dos accipítridos ao que pertence a aguia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación da Aguia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tradutor. Discípulo do rabino ‘Aqibá que se converteu primeiro ao Cristianismo e despois ao Xudaísmo. A comezos do século II compuxo unha tradución grega moi literal do texto hebreo do Antigo Testamento que reemprazou entre os xudeus á tradución dos Setenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de L’Aquila, nos Abruzos, Italia, á beira do río Aterno (Pescara) (69.459 h [1997]). Centro agrícola, comercial e industrial dunha fértil área montañosa e nó de comunicacións (estradas, ferrocarril). Fundada no ano 1254 polo Emperador Federico II, L’Aquila chegou a ser no s XVI, grazas á súa industria e ao seu comercio, a cidade máis importante do reino despois de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia dos Abruzos, Italia (5.034 km2, 303.977 h [1997]). A capital é L’Aquila.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Examinar e ponderar o valor de algo con precisión, especialmente os materiais preciosos.

    2. Apreciar ou medir algo material ou inmaterial coa maior exactitude posible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado ao NL da capital provincial, regado polo río Torío (9.772 h [2001]). A súa economía baséase nos cultivos de secaño.

    VER O DETALLE DO TERMO