Aquila, L’
Aquila, L’
Capital da provincia de L’Aquila, nos Abruzos, Italia, á beira do río Aterno (Pescara) (69.459 h [1997]). Centro agrícola, comercial e industrial dunha fértil área montañosa e nó de comunicacións (estradas, ferrocarril). Fundada no ano 1254 polo Emperador Federico II, L’Aquila chegou a ser no s XVI, grazas á súa industria e ao seu comercio, a cidade máis importante do reino despois de Nápoles.