"Arístides" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Nome procedente do grego Aristeídes ‘fillo de Aristeo’ e este de áristos ( ἄ ριστος) ‘o mellor, o máis valente’, raíz de onde sae aristocracia ‘goberno dos mellores’. Arístides foi un gran político ateniense do s V a C e, por iso, o nome reviviu no Renacemento. A festividade de santo Arístides de Atenas (s II), quen tentou inculcarlle ao Emperador Adriano a fe cristiá, celébrase o 31 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego de época Helenística ao que xa dende a Antigüidade se lle atribuíron as Milesíacas. Refundidas ao latín por L. Cornelio Sissenna, influíron en Ovidio, Petronio e Apuleio. Só se conservan fragmentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político ateniense. Tomou parte na Batalla de Maratón (490). No enfrontamento entre os alcmeónidas e os tiranófilos, dirixiu unha secesión entre os atenenses. O pobo apoiou o partido de Temístocles e Arístides viuse obrigado ao exilio (483-482 a C). Chamado a Atenas de novo no 480, tomou a illa de Psitalia, onde estaba acuartelada unha gornición persa, e distinguiuse na importante Batalla de Platea. O seu prestixio levouno ao desempeño do cargo de arconte no 478, dende o cal autorizou a todos os cidadáns atenienses a ocupar cargos públicos. Foi o encargado de artellar a Confederación de Delos (476). A súa integridade valeulle o seu alcume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sofista e orador grego. Consérvanse cincuenta e cinco discursos seus moi interesantes para o coñecemento da historia do seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor finlandés. Formouse en París baixo a influencia de Bastien-Lepage e converteuse no principal realista de Finlandia. Entre as súas obras destaca Retrato de Louis Pasteur (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celso Emilio Ferreiro Míguez.

    VER O DETALLE DO TERMO