Arístides o Xusto
Arístides o Xusto
Xeneral e político ateniense. Tomou parte na Batalla de Maratón (490). No enfrontamento entre os alcmeónidas e os tiranófilos, dirixiu unha secesión entre os atenenses. O pobo apoiou o partido de Temístocles e Arístides viuse obrigado ao exilio (483-482 a C). Chamado a Atenas de novo no 480, tomou a illa de Psitalia, onde estaba acuartelada unha gornición persa, e distinguiuse na importante Batalla de Platea. O seu prestixio levouno ao desempeño do cargo de arconte no 478, dende o cal autorizou a todos os cidadáns atenienses a ocupar cargos públicos. Foi o encargado de artellar a Confederación de Delos (476). A súa integridade valeulle o seu alcume.
Cronoloxía
-
Deceso