"Araúxo" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lobios baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lobios baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica moi frecuente en Galicia, ben con esta forma ou ben coa variante castelanizada Araújo. A xeografía portuguesa está inzada de topónimos que levan este nome; tamén se recolle en puntos de Ourense. De orixe escura, probablemente vén do masculino correspondente á forma do latín hispánico arrugia ‘galería larga de mina, arroio’. Como apelido xa se documenta no s XII: “Menendus Arauugio” (doc ano 1166 en Pilar Loscertales de C. de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes I, 1976, p 536).

    2. Liñaxe galega que tivo a súa casa orixinaria na ribeira do Miño en terras de Monção. Estendeuse polo resto de Galicia fundando casas en terras ourensás, fundamentalmente. Os Araúxo ou Araújo (variante gráfica castelanizada) galegos foron señores dos lugares de Araúxo, Lobios e Entrimo do partido de Bande, e Milmanda do partido de Celanova. Foron donos do castelo de Sande no partido de Celanova e algúns foron pertigueiros nesta mesma terra. As primitivas armas desta estirpe levan, en campo de sinople, unha torre de prata e unha muller tralas rexas da ventá. Outra variante trae, en campo de goles, unha banda de prata acompañada, no alto, de dúas estrelas de ouro e, no baixo, doutra estrela do mesmo metal. Algúns investigadores aínda reseñan outras moitas variantes; entre elas, unha ostenta, en campo de azul, unha torre de prata aclarada de sable coas súas ameas e homenaxe, e na ventá asomada unha muller; a torre arrimada doutras dúas, tamén de prata pero máis pequenas das...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Organista e compositor. Foi organista das catedrais de Jaén (1636-1640) e Segovia (1640-1653). En 1626 publicou Libro de tientos y discursos de música práctica y teórica de órgano, volume que contén unha parte teórica que constitúe un tratado musical fundamental no Barroco español e un conxunto de 69 composicións para órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autor do primeiro texto da literatura dramática galega, o entremés titulado La contienda de los labradores de Caldelas e máis coñecido como Entremés famoso sobre a pesca do río Miño, escrito arredor de 1671 e que se conserva nun manuscrito do século XVII depositado na Biblioteca Nacional de Madrid. Non existen datos fiables respecto deste autor, a súa procedencia e as súas ocupacións, aínda que semella ter sido persoa culta, oriúnda da raia do Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Licenciado en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático de Lingua e Literatura galegas. Colaborador da revista Dorna, é autor do libro de relatos eróticos Aventura en Nassau (1991). Ademais, tirou do prelo Vento de seda (1992), a novela policial Miss Ourense (1994), Conta os latidos (1995), o relato de terror “Non sabía que doía tanto” (1995), O mellor francés de Barcelona (1999), A noite das cabras do aire (1999), A historia escríbese de noite (2001) e A vida apoteósica (2001). Foi galardoado co Premio da Crítica Galicia, co Premio Merlín de Literatura Xuvenil e co Premio García Barros de Novela; ademais foi o gañador do Certame de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo co relato “Luanda” (1995) e do III Premio de Novela Ciudad de Salamanca coa súa primeira novela en castelán Bajo las más bellas estrellas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parroquia do concello de Maceda baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Maceda. baixo a advocación de Santa maría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lobios baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO