"Arabis" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Xénero de herbáceas da familia das crucíferas, anuais ou vivaces, de follas alternas, xeralmente sinxelas, flores brancas, rosas, violetas ou azuis, reunidas en acios sen brácteas, e froito en silicua plana. En Galicia están presentes as especies: A. alpina, A. auriculata, A. glabra e A. juressi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Idiotismo peculiar da lingua árabe.

    2. Palabra ou xiro da lingua árabe que se emprega noutra lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudioso versado na cultura árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome antigo de Khūzistān.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dito ou feito sen importancia dirixido a unha persoa para rirse dela.

    2. Persoa que anda dun lado para outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trazo lingüístico propio da lingua mozárabe.

    2. Elemento artístico propio da arte mozárabe.

    3. Conxunto de características socioculturais dos mozárabes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político xurdido a finais do s XIX entre os países árabes que defendía a solidariedade e a cooperación entre eles, primeiro fronte á dominación turca e logo fronte á colonial. Unha vez disgregado o Imperio Otomán, o panarabismo culminou coa creación, en 1945, da Liga Árabe, encamiñada á salvagarda da independencia e á soberanía dos seus integrantes. Tras diversos intentos de unificación por parte dalgúns estados árabes e coas distintas actitudes adoptadas ante as Guerras Árabe-israelís, a integración dos países árabes volveuse cada vez máis difícil, obstaculizada polas enormes diferenzas entre os seus réximes políticos, as rivalidades rexionais, o problema palestino e os intereses enfrontados arredor da explotación do petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao panarabismo.

    2. Partidario do panarabismo.

    VER O DETALLE DO TERMO