"Ardenas" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da Champagne, Francia (5.229 km2; 292.086 h [1995]). A capital é Charleville-Mézières.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión natural que se estende sobre a parte oriental de Bélxica, o norte de Luxemburgo e o departamento francés de Ardenas. O conxunto está formado por un macizo paleozoico completamente arrasado pola erosión e constituído sobre todo por xistos, asperón e filitas de cuarzo. A descomposición dos xistos produciu un solo arxiloso, impermeable, con briofitos e a conseguinte acumulación de turba, que foi utilizada durante moito tempo como material de combustión. Os Hautes Fagnes e a plataforma do Baraque Michel son as máis grandes destas áreas pantanosas. En agosto de 1914, principiando a Primeira Guerra Mundial, o exército alemán, en marcha cara ao oeste, venceu nas Ardenas á resistencia francesa. Durante a Segunda Guerra Mundial, a Wehrmacht (infantería alemana) rompeu nesta rexión a fronte defensiva francesa (1940); no mesmo conflito, a finais do 1944, tivo lugar nesta rexión a derradeira contraofensiva das tropas alemanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle de regadío de Navarra e Aragón. Comeza no encoro de Yesa (río Aragón), atravesa as comarcas das Bardenas e as Cinco Villas, e chega ata o pantano de Ardisa (río Gállego). Rega un territorio de 110.000 h.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca natural da Comunidad Foral de Navarra, situada no interfluvio do Ebro e do Aragón, tamén chamada Bardenas Reales. Área de chuvias escasas, pero torrenciais, cunha vexetación pobre de matogueiras e carente de árbores, mais con abundantes pastos de inverno. O aproveitamento agrícola ten como base os cereais e a horta nas beiras dos ríos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [aimará: Chukiwanka Kunturi] (La Paz 1951) Pedagogo e político indíxena aimará. Licenciouse en Letras e Educación na Universidad de San Andrés de La Paz, onde traballou como profesor de lingüística e ciencias da educación de 1975 a 1992. En 1979 presidiu o congreso fundacional da Confederación Sindical Única de Trabajadores Campesinos de Bolivia (CSUTCG). Entre 1985 e 1989 foi deputado nacional do Movimiento Revolucionario Tupak Katari de Liberación e en 1993 foi elixido vicepresidente de Bolivia. Centrou o seu traballo fundamentalmente no recoñecemento social e xurídico das organizacións campesiñas e indíxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e escritora. Ocupou diversos cargos gobernamentais e en 1929 converteuse na primeira muller que foi conselleira de Estado. Foi tamén presidenta do Comité Nacional de Mujeres. Entre as súas publicacións destacan Rosario de prosa lírica e Oración maternal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de sala. Foi tesoureiro de Isabel I a Católica. Loitou nas guerras de Portugal e na de Granada e obtivo, ademais de numerosos cargos, diferentes señoríos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. Foi embaixador de Filipe III en Venecia e mais en París (1609), onde gañou a confianza de Maria de Medici. Opúxose á política contraria aos Habsburgo de Enrique IV de Francia. Negociou os matrimonios de Filipe IV con Isabel de Borbón e de Luís XIII con Ana de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo do ex-presidente Lázaro Cárdenas. Graduado na Escola Nacional de Enxeñería en 1957, iniciou a súa carreira política no Partido Revolucionario Institucional (PRI), do que se separou en 1987 para presentarse ás eleccións presidenciais de 1988 pola Frente Democrático Nacional (FDN), coalición de centro-esquerda. En 1994 reorganizou o que pasou a denominarse Partido de la Revolución Democrática (PRD), co que se presentou ás eleccións, e nas que foi superado novamente pola candidatura do PRI. En xullo de 1997 presentouse a alcalde do departamento do Distrito Federal, cargo que obtivo e co que se convertería no primeiro político dun partido distinto ao PRI que conseguía un posto tan relevante desde 1929.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Participou na Revolución Mexicana e foi partidario nun primeiro momento de Panchi Villa, para pasar despois ao constitucionalismo de Venustiano Carranza e Plutarco Elías Calles. En 1929 foi elixido presidente do Partido Revolucionario Nacional (PRN). Ocupou diversos ministerios desde 1931 a 1933 e foi Presidente da República entre 1934 e 1940. Impulsou a reforma agraria, secularizou o ensino, fortaleceu as organizacións sindicais, fomentou a industrialización do país e nacionalizou os monopolios petrolíferos. En 1938 reorganizou o PRN, transformado no Partido de la Revolución Mexicana e dividido en catro seccións: obreira, campesiña, popular e militar. Durante a Guerra Civil española apoiou a causa da República e acolleu en México os exiliados republicanos. Nos anos sesenta protagonizou un movemento de apoio ao réxime cubano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do N de Francia que inclúe os departamentos de Ardenas, Aube, Haute Marne e Marne (25.606 km2; 1.352.500 h [estim 1995]). A súa capital é Chalons-en-Champagne, no departamento de Marne.

    VER O DETALLE DO TERMO