Bardenas, Las
Bardenas, Las
Comarca natural da Comunidad Foral de Navarra, situada no interfluvio do Ebro e do Aragón, tamén chamada Bardenas Reales. Área de chuvias escasas, pero torrenciais, cunha vexetación pobre de matogueiras e carente de árbores, mais con abundantes pastos de inverno. O aproveitamento agrícola ten como base os cereais e a horta nas beiras dos ríos.