"Armórica" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Nome co que foi coñecida a rexión noroccidental de Francia, entre o Sena e o Loira, durante as épocas celta, galorromana e franca. Como consecuencia de estar poboada durante os ss VI e VII polos celtas britónicos, procedentes da Bretaña insular, comezouse a chamar Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Armórica.

    2. Oroxenia herciniana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Unidade xeolóxica situada ao NO de Francia, que se estende pola Bretaña, Vendée, Anjou, o baixo Maine e polo O de Normandía. Está formado basicamente por xistos cristalinos do Precámbrico pregados en dirección O-NO-L-SL, dirección chamada armoricana. Intensamente erosionados, estes materiais forman unha penechaira de formas suaves e monótonas, e que non exceden os 417 m. As rochas duras forman os relevos cunha disposición alongada; os xistos forman sucos e concas.

    VER O DETALLE DO TERMO