Armoricano, macizo

Armoricano, macizo

Unidade xeolóxica situada ao NO de Francia, que se estende pola Bretaña, Vendée, Anjou, o baixo Maine e polo O de Normandía. Está formado basicamente por xistos cristalinos do Precámbrico pregados en dirección O-NO-L-SL, dirección chamada armoricana. Intensamente erosionados, estes materiais forman unha penechaira de formas suaves e monótonas, e que non exceden os 417 m. As rochas duras forman os relevos cunha disposición alongada; os xistos forman sucos e concas.