"Arroxo" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe procedente do lugar de Arroxo, na parroquia de Neira de Rei, concello de Baralla. Pasou primeiro a Becerreá, Xinzo de Limia e Ourense, e logo estendeuse por Cantabria, Valladolid, Asturias e Aragón. A rama galega leva, en campo de prata, catro faixas de azul e enriba unha bandeira de ouro. Outra variante trae, en campo de prata, tres faixas de azul e dez bezantes de ouro, cargado cada bezante con cadansúa cruz plana de prata, colocadas tres arriba e tres abaixo da faixa central, outros tres por enriba da superior e outra por debaixo da inferior. Hai quen reseña aínda outra que levaría, en campo de prata, catro faixas de azul e brochante sobre el todo, unha barra de ouro; bordo tamén de ouro.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Marcelle (Monforte de Lemos). O seu cumio acada os 633 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de san Martín.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Barra (Coles). Ten planta rectangular, moi simétrica, sen torres e con dous pisos e bufarda. Na fachada principal destaca unha escaleira de pedra con dous tramos que dá acceso á solaina que percorre a planta principal. Está rodeado dun patio onde se sitúa a capela e diversas construcións adxectivas. O patio péchase cun muro.