Arroxo

Arroxo
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe procedente do lugar de Arroxo, na parroquia de Neira de Rei, concello de Baralla. Pasou primeiro a Becerreá, Xinzo de Limia e Ourense, e logo estendeuse por Cantabria, Valladolid, Asturias e Aragón. A rama galega leva, en campo de prata, catro faixas de azul e enriba unha bandeira de ouro. Outra variante trae, en campo de prata, tres faixas de azul e dez bezantes de ouro, cargado cada bezante con cadansúa cruz plana de prata, colocadas tres arriba e tres abaixo da faixa central, outros tres por enriba da superior e outra por debaixo da inferior. Hai quen reseña aínda outra que levaría, en campo de prata, catro faixas de azul e brochante sobre el todo, unha barra de ouro; bordo tamén de ouro.