"Arteixo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • RIOS

    Río que nace no lugar de Boedo, parroquia de Veiga, concello de Culleredo. Adéntrase no concello de Arteixo pola parroquia de Loureda, onde recibe as augas dos regos de Pontellas e dos Regueiros. Desemboca no Atlántico na praia de Alba, na parroquia de Arteixo, logo dun percorrido de 9,5 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de Santiago que dá nome ao concello de Arteixo. Os lugares da Baiuca e de Arteixo, nesta parroquia, constitúen o núcleo urbano capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca e da provincia da Coruña, situado no N da comunidade autónoma (43° 17’ latitude N - 8° 30’ loxitude O). Limita ao L cos concellos da Coruña e de Culleredo (comarca da Coruña), ao S e ao O co concello de Laracha e ao O co concello de Carballo, ambos os dous da comarca de Bergantiños. Abrangue unha superficie de 93,4 km 2 cunha poboación de 27.713 h (2007) distribuídos nas parroquias de Armentón, Arteixo, Barrañán, Chamín, Lañas, Larín, Loureda, Monteagud, Morás, Oseiro, Pastoriza, Sorrizo e Suevos. A capital municipal é o núcleo urbano constituído nos lugares de Arteixo e A Baiuca, na parroquia de Arteixo. Situado a 11 km da Coruña e 73 km de Santiago de Compostela, pertence ao partido xudicial da Coruña e á arquidiocese de Santiago de Compostela.
    Xeografía física
    O territorio do concello de Arteixo atópase baixo o dominio climático Oceánico húmido. As frontes da circulación do O achegan precipitacións que acadan unha media anual...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na localidade homónima, descoñécese a data de construción da Casa de Baños primitiva. En 1815, o xeneral liberal Porlier organizou neste balneario o levantamento contra o Rei Fernando VII. Reconstruíuse a principios do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO