"Asdrúbal" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do púnico Azruba’al ‘protexido de Baal’, divindade oriental. Chegou a nós a través do latín Asdrubal ou Hasdrubal. Moitos cartaxineses levaron este nome; entre eles, o xenro de Amílcar Barca ou mesmo o irmán de Aníbal. Non hai ningún santo con este nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Hasdrúbal (? 270 a C? - 221 a C) Xeneral cartaxinés da familia dos Barca, xenro de Amílcar, a quen sucedeu como xefe das forzas púnicas na Península Ibérica (228 a C). Fundou a base de Carthago Nova (actual Cartaxena) no ano 227 a C. Foi asasinado por un escravo indíxena celta que vengou, deste xeito, a morte do seu amo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Hasdrúbal (? 245 a C - 207 a C) Xeneral cartaxinés, irmán de Aníbal. Quedou como xefe dos cartaxineses na Península Ibérica cando Aníbal emprendeu a expedición a Italia, na Segunda Guerra Púnica. Loitou contra os romanos desembarcados en Ampurias (218 a C) conseguindo vencer os irmáns Publio e Gneo Escipión, xefes das forzas romanas (211 a C). Derrotado por Publio Cornelio Escipión, no 207 intentou socorrer a Aníbal para o que pasou de Iberia a Italia, onde foi vencido e morto na Batalla do Metauro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo masculino Asdrúbal.