Asdrúbal
Asdrúbal
ou Hasdrúbal (? 245 a C - 207 a C) Xeneral cartaxinés, irmán de Aníbal. Quedou como xefe dos cartaxineses na Península Ibérica cando Aníbal emprendeu a expedición a Italia, na Segunda Guerra Púnica. Loitou contra os romanos desembarcados en Ampurias (218 a C) conseguindo vencer os irmáns Publio e Gneo Escipión, xefes das forzas romanas (211 a C). Derrotado por Publio Cornelio Escipión, no 207 intentou socorrer a Aníbal para o que pasou de Iberia a Italia, onde foi vencido e morto na Batalla do Metauro.