"Asia Menor" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
REXIÓNS
Rexión asiática de Turquía. A península de Anatolia está constituída por un núcleo antigo, a Plataforma Central (con 700 m de altitude media ao O e 400 ao L), ao redor da que se sitúan os cordais do dobramento alpino: montes do Ponto ao N e montes Tauro ao S. O clima da Plataforma Central é continental; os ventos son secos e a vexetación é esteparia. Na costa as temperaturas son máis suaves e hai máis humidade. O ámbito que comprende o nome de Anatolia foi aumentando co paso dos séculos. Na época bizantina, Anatolia era un distrito militar no O da Península; a comezos da época otomana era a parte asiática do imperio que comprendía o O e o N da Península; o actual estado turco comprende, administrativamente, a totalidade do territorio asiático, incluídos os sectores armenio e mesopotámico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece tamén a península de Anatolia, especialmente na historiografía da Antigüidade clásica. O poboamento da Asia Menor comezou no Paleolítico superior e medio. Do Paleolítico superior só son coñecidos xacementos de facies auriñacenses. Atopáronse mostras de arte rupestre do tipo do Paleolítico superior, con gravados e pinturas, na rexión de Anatolia. O Mesolítico foi bastante parecido ao do resto de Oriente. Asia Menor adquiriu unha grande importancia cultural a partir do Neolítico, do que se coñece un xacemento clave, Çatal Hüyük, cidade na que se desenvolveu dende o 6500 ao 5650 a C o Neolítico cerámico. Tamén se atoparon restos dun Neolítico precerámico en Hacilar, xacemento datado arredor do 7000 a C, onde tamén se deu un Neolítico recente que dá paso ao Calcolítico ata o 5000 a C. Este Calcolítico semella ser o máis antigo de todo o Oriente, xa que Asia Menor é a única zona rica en metais; o xacemento máis coñecido é Mersin e tamén os niveis...