"Assam" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
al da India, no estado de Assam, situado ao NL do país, no curso do río Brahmaputra. A reserva de Kājīrangā é coñecida polo feito de posuír os derradeiros exemplares de rinocerontes dun único corno. Nesa zona os tremores de terra son frecuentes e ás veces moi destrutivos, como os que aconteceron nos anos 1897 e 1950.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado federal da India, ao NL do país (78.438 km2; 24.200.000 h [estim 1994]). A capital é Dispur. O clima é trópical monzónico, con precipitacións anuais moi abundantes. O estado comprende a conca alta e media do Brahmaputra, o río máis importante da rexión. A poboación é etnicamente moi diversa: fálanse máis de 100 linguas e dialectos diferentes. É unha rexión esencialmente agrícola e mineira. Coñecido polo nome de Kāmarūpa, Assam formou unha marca do Imperio gupta, a súa historia é pouco coñecida ata o s VII, cando Chachangka, despois de instalarse en Bengala, conquistou Assam e iniciou unha persecución contra os budistas que remataba coa conquista do val pola dinastía Pāla, budista, na primeira metade do s IX. En 1229, Assam pasou a mans da dinastía birmana Āhom (da que tomou o nome) e resistiu aos intentos de islamización durante o s XIII procedentes de Bengala. En 1663, o baixo Assam rendiuse ao imperio musulmán de Aurangzeb, feito que contribuíu á...
-
-
Relativo ou pertencente a Assam ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Assam.
-
Lingua indoeuropea do grupo índico oriental falada en Assam por seis millóns de persoas aproximadamente, no val do Brahmaputra, río abaixo de Dibrugarh. O assamés propiamente dito é o dialecto occidental. Escríbese xeralmente en caracteres bengalís e posúe unha literatura abundante.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, situado na Comunitat Valenciana (13.131 h [2001]). A agricultura dedícase ao cultivo de hortalizas en réxime intensivo, e nos regadíos o arroz tende a desaparecer en favor das laranxeiras. A industria limítase á almacenaxe de froita, produtos metálicos e confección, ademais da embalaxe e os plásticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Danza do renacemento, probablemente de orixe italiana, de tempo binario e paso lento. Baséase en variacións escritas sobre un tema rítmico fixo de oito ou dezaseis compases.