"Aude" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 102.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén (Andalucía), na comarca de Los Montes (11.367 h [1996]). Explotacións latifundistas de oliveira e cereais. Horta. Industria transformadora (conservas vexetais e aceite de oliva). Igrexa de Santa María (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico do Languedoc. Formou parte do grupo temperán de Lamennais. Foi vigairo xeral de Nimes e membro do Consello Superior de Instrución Pública, aínda que foi destituído no 1853 pola súa actitude contraria ao novo Emperador, Napoleón III. Fundou as congregacións relixiosas dos Agostiños e dos Oblatos da Asunción. No 1878 interveu na fundación da revista mensual La Croix, que se converteu en diario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Organista e compositor francés. Aos seis anos xa tocaba o clavicordio e aos oito xa compuxo unha cantata que el mesmo dirixiu. Foi o organista da Sainte-Chapelle (1706), de Saint-Paul (1727), dos Cordeliers (1732), da Capela Real, onde sucedeu a Andrieu (1739), e de Notre-Dame. Entre as súas obras están a cantata Circe, un libro de sonatas para clavecín (1735) e unha colección de vilancicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Laúde grande provisto dun mastro longo e dous pasadores, un para as cordas normais do laúde, e outro, máis elevado, para seis ou oito cordas suplementarias máis longas, e cun son máis grave. Foi utilizado como baixo continuo desde finais do s XVI ata finais do s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa, xeralmente de madeira, onde se pon o cadáver para levalo a enterrar.
-
PERSOEIRO
Mariscal británico. Na Segunda Guerra Mundial comandou o corpo expedicionario inglés en Noruega (1940) e as forzas británicas da India. De 1941 a 1942 dirixiu as forzas de Oriente Medio e de África, onde foi derrotado por Rommel; resistiu despois en El-´Alamein. Rematou o servizo activo na India (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río pirenaico do Languedoc (Francia). Nace no lago de Aude e pasa polas cidades de Carcassonne e Narbona, onde verte ao golfo de Lyon logo dun percorrido de 223 km. Drena unha conca de 5.300 km2 e os seus principais afluentes son o Fresquel pola esquerda e o Orbieu pola dereita.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento do Languedoc (Rosellón), Francia (6.139 km2; 305.305 h [1995]). A súa capital é Carcassonne.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta inglés. Foi a personalidade máis influínte no grupo de poetas ingleses dos anos trinta formado por Day Lewis, Mac Neice, Spender, Lehmann e outros. A súa actividade correspondía ao chamado realismo histórico. A súa poesía, predominantemente intelectual, xurdida dun impulso ético e a miúdo satírica ten, sen embargo, momentos líricos profundos. O drama The Dance of Death (A danza da morte, 1933) e a colección de poemas Look, Stranger! (Mira, estrano! 1936) son as obras máis destacadas que publicou antes de establecerse nos EE UU. Posteriormente escribiu: Another Time (Outro Tempo, 1940), New Year Letter (Carta de Aninovo, 1941), For the Time Being (Para o tempo existente, 1945), The Age of Anxiety (A idade do desacougo, 1948), e os ensaios The Dyer’s Hand (A man da tinturería, 1963) e Epistles to a Godson (Epístolas a un afillado, 1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poema francés do século XII composto en versos alexandrinos monorrimos, no que se narran as aventuras do cabaleiro medieval Audengier ou Audigier. Estes versos deron lugar á aparición dun xénero (audengière) centrado na parodia das aventuras deste personaxe.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Comezou a súa andaina dirixindo curtametraxes, cun estilo e vocación cheos de ilusión e entusiasmo, nun cine de calidade. Vinculouse á última vangarda. A súa arte revulsiva, moral e eficaz soubo alternar a dignidade coa denuncia. A realización dalgunhas películas de encargo, xunto coa inadaptación dalgúns dos seus actores aos papeis que el deseñaba, dan conta dalgúns altibaixos na súa carreira profesional. Dirixiu, entre outras: Le marriage de Chiffon (O casamento de Chiffon, 1941), Le diable au corps (O diaño no corpo, 1947), Les sept pechés capitaux (Os sete pecados capitais, 1952), Le rouge et le noir (O vermello e o negro, 1954), Le Comte de Monte Cristo (O Conde de Montecristo, 1961), Le plus vieux métier du monde (O oficio máis vello do mundo, 1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. É autor de novelas psicolóxicas como a triloxía La vie de Philippe Denis (A vida de Philippe Denis, 1930-1955), Les réflexions de Monsieur FAT (As reflexións do señor FAT, 1963) e Hoffmann Canadà (1977). Escribiu tamén libros de viaxes, ensaios e poemas como o coñecido Monologue pour un disparu (Monólogo para un desaparecido, 1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma poética cultivada nos ss XV e XVI caracterizada pola presenza de elementos incoherentes e absurdos e por un complexo sistema de alusións. Dende o punto de vista formal domina tamén a incerteza: xunto cun metro determinado, normalmente de oito sílabas, aparece un verso de enlace, ben por asonancias ou contrasonancias, a miúdo aproximadas.
-
PERSOEIRO
Compositor, discípulo de Jean-Philippe Rameau, e organista da Catedral de Dijon (1748), de Saint-Roch (1756) e de Nôtre Dame (1760) de París. Foi mestre de clavecín de María Antonieta. É autor de dous libros de pezas para clavecín (1748 e 1759), de Noëls formant quatre suites para órgano, e de catro sonatas para clavecín, dous violíns e un baixo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Vigo en 1896 e absorbida polo Banco de Santander en 1968.
-
PERSOEIRO
Poeta. A súa poesía é realista e satírica. Escribiu un panexírico dedicado a Carlos VII e algunhas composicións musicais e satíricas. Coñécese sobre todo polo seu Testament de la mule Barbeau (Testamento da mula Barbeau) e polas dúas Lettres a Monseigneur de Bourbon (Cartas a Monseñor de Boubon, 1486).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote, economista e divulgador da fisiocracia. Entre os anos 1767 e en 1768 editou o xornal Ephémerides du Citoyen (Efemérides do cidadán), o órgano dos principais fisiócratas franceses. Moitos dos seus artigos recolléronse en libros, entre os que destaca pola súa claridade Première introdution à la philosophie économique (Primeira introdución á filosofía económica, 1771).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Cursou estudios en Lyon (1832-1836) e París (1836-1839). Despois dunha viaxe á India, motivada polo enfrontamento co seu padrasto, o coronel Aupick, estableceuse en París frecuentando os ambientes bohemios. En 1845 comezou a publicar poemas en revistas, artigos de crítica de arte en forma de artigos ou panfletos -foi un gran defensor de Delacroix-, un único conto La Fanfarlo (1847), e a partir de 1848, a longa serie de traducións de obras de Edgar Allan Poe. En 1857 apareceu a primeira edición de Les fleurs du mal (As flores do mal), libro que foi obxecto dun proceso e dunha sentenza condenatoria por ofender a moral pública e os bos costumes. Como consecuencia, obrigóuselle a retirar do libro seis poemas: “Les bijoux”, “Le Léthé”, “A celle qui est trop gaie”, “Lesbos”, “Femmes damnées” e “Les Metamorphoses du vampire”. Só a partir de 1911 apareceron edicións completas da obra e o proceso foi considerado nulo pola Corte Suprema en 1949. Na poesía francesa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Corredora automobilística. En 1965 gañou a copa feminina do Criterium des Cévennes e a da volta automobilística de Francia (1971 e 1972). En 1971 converteuse na primeira e única muller que desde 1951 participaba nas Vintecatro Horas de Le Mans. Publicou Femme et pilote (Muller e piloto, 1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e filósofo francés. Estableceu unha teoría atomista baseada na idea dos corpúsculos redondeados e traballou nunha teoría corpuscular da luz e da atracción das masas. En Dubitationes in dialogos Galilaei pro terrae inmobilitate (Dúbidas nos diálogos de Galileo sobre a inmobilidade da Terra, 1632) considerou a Terra inmóbil, en desacordo con Galileo.
VER O DETALLE DO TERMO