Autant-Lara, Claude

Autant-Lara, Claude

Realizador cinematográfico. Comezou a súa andaina dirixindo curtametraxes, cun estilo e vocación cheos de ilusión e entusiasmo, nun cine de calidade. Vinculouse á última vangarda. A súa arte revulsiva, moral e eficaz soubo alternar a dignidade coa denuncia. A realización dalgunhas películas de encargo, xunto coa inadaptación dalgúns dos seus actores aos papeis que el deseñaba, dan conta dalgúns altibaixos na súa carreira profesional. Dirixiu, entre outras: Le marriage de Chiffon (O casamento de Chiffon, 1941), Le diable au corps (O diaño no corpo, 1947), Les sept pechés capitaux (Os sete pecados capitais, 1952), Le rouge et le noir (O vermello e o negro, 1954), Le Comte de Monte Cristo (O Conde de Montecristo, 1961), Le plus vieux métier du monde (O oficio máis vello do mundo, 1967).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Luzarches, Île

  • Falecemento

    Lugar : Antibes