"Augas Santas" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PRAIAS
Praia do litoral cantábrico, situada ao O da praia das Catedrais, na parroquia de Devesa (Ribadeo) no límite coa de Reinante (Barreiros).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Allariz baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Xurxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial románica dos ss XII-XIII situada no concello de Allariz. Foi construída polos regulares da Orde de Santo Agostiño co fin de gardar os restos de santa Mariña, filla dun gobernador romano da Limia. Trátase dun sinxelo edificio de tres naves, que cristianiza unha construción antiga (o forno da Santa Mariña), que rematan noutras tantas ábsidas semicirculares. O proxecto inicial da igrexa incluía unha cuberta de bóvedas cuadripartitas na nave central que non se chegaron a construír; a variación entre o proxecto inicial e o deseño actual foi posible debido a que a cabeceira se construíu, xunto cos muros perimetrais, antes ca o interior. Os arcos de acceso ás ábsidas son semicirculares, dobrados, cunha lixeirísima tendencia a apuntarse e de sección rectangular, apoiándose en columnas encaixadas mediante capiteis estilizados e no propio muro. Enriba do arco triunfal de cada capela ábrese un rosetón. Tanto os arcos forneiros como os feixóns son apuntados, dobrados e de sección...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Rexeitada polo seu pai por recibir o bautismo, foi martirizada polo prefecto romano Olibrio, ao non corresponder aos seus requerimentos amorosos. Decapitada, segundo a lenda, dos tres chimpos que deu a súa cabeza ao caer no chan, naceron as tres fontes de Augas Santas. Viste túnica e manto e como atributos leva un forno aceso e tres nacentes. A súa festividade celébrase o 18 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santa Mariña de Augas Santas.