"Aurelia" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedagogo e ensinante de finais do s XIX preocupado polas novas correntes pedagóxicas. Publicou: Método simultáneo para aprender a leer y escribir o Libro completo para la enseñanza de la lectura, escritura y ortografía práctica (1880) e La instrución primaria en España. Nueva y acertada organización de las escuelas de primera enseñanza con la explicación de las reformas modernas llevadas a la práctica en los países más ilustrados (1883). Nesta obra fixo un estudo das condicións que debe ter un local para impartir clases, propoñendo modificacións para mellorar as deficiencias que caracterizaban as nosas escolas; así mesmo, reivindicaba unha instrución agrícola práctica e informa sobre as orientacións educativas de Francia, Inglaterra e Bélxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de grandes medusas peláxicas e cosmopolitas, con oito órganos sensoriais e catro órganos reprodutores de cor violeta en forma de ferradura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañeira de santa Úrsula, non morreu -como esta e as once mil virxes- martirizada polos hunos na masacre de Colonia de 385 xa que, á volta da peregrinaxe a Roma, enfermou na capital alsaciana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín Aurelianus ‘relativo a Aurelio’. Santo Aureliano de Limoges (Francia) é un santo lendario como san Marcial (de quen fora perseguidor, e a quen sucedeu á fronte da diócese). A lenda conta que foi fulminado por un lóstrego aínda que logo, grazas ás oracións de san Marcial, resucitou e acabou converténdose. Este nome presenta como hipocorísticos as formas Auri e Lelo.
-
PERSOEIRO
Bispo de Arles dende o 546 e vicario pontificio para a Galia. Foi o enlace entre Xildeberto I e Totila, Rei dos ostrogodos e conquistador de Roma. Autor dunha regra monástica que despois foi incorporada á de san Bieito de Aniana. Adoita invocárselle contra a xordeira e os males de oídos, pola asociación popular do seu étimo Aurelius ao de orella
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador militar romano (270-275). Foi proclamado como tal polo exército en Sirmium, á morte de Claudio. Loitou contra os vándalos e os alamanes xutungos. Tras ser vencido por estes en Plasencia (Italia), no 270 a C, construíu a muralla de Aureliano para a defensa de Roma. A vitoria final romana foi posible grazas ao exército de Iliria. Dirixiuse despois contra Palmira, venceu a Zenobia e o seu fillo, e acabou co poder desta cidade. De volta a Europa restaurou a unidade do Imperio Romano ao derrotar a Tétrico, Emperador da Galia, e deixou fixados os limes nos cursos do Rin e do Danubio. A súa política interior foi positiva e conseguiu facer unha reforma monetaria. Rodeou a cidade de Roma cunha muralla que leva o seu nome. Propugnou como forza unificadora do Imperio un culto sincrético do deus Sol. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que vén do latín Aurelius, nome dunha gens romana, probablemente derivado da mesma voz indoeuropea da que procede Aurora; para outros investigadores ten a súa orixe no latín aurum ‘ouro’. Levan este nome os santos: santo Aurelio de Cartago (ss IV-V), arcebispo desta cidade norteafricana; santo Aurelio de Córdoba (s IX), degolado por orde de ‘Abd al-Ra Palatino; ḥ mān II; santa Aurelia de Estrasburgo (s IV), compañeira de santa Úrsula, quen conseguiu librarse da masacre de Colonia de 385, e santa Aurelia de Roma (s III), virxe e mártir na persecución do Emperador Valerio. A festa de Aurelia celébrase o 25 de setembro, o 15 de outubro ou o 2 de decembro, mentres que Aurelio conmemórase o 20 de outubro, o 27 de xullo e o 12 e 15 de novembro. Na tradición oral recóllense espresións como: “Por san Aurelio, bois ao cortello”, referida a un santo Aurelio que se celebra o 15 de novembro.
-
PERSOEIRO
Pintor e historiador da arte. Foi discípulo de Carlos de Haes. As súas paisaxes de Castela son de carácter impresionista. Gran coñecedor da obra de Velázquez, publicou unha monografía en París en 1898. Entre as súas obras destacan: Orillas del Manzanares (1878), Vista de Toledo desde los Cigarrales e Orillas del Avia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bibliotecario e historiador. Licenciado en Dereito, foi bibliotecario da Real Academia Española. Das súas obras históricas de tema galego destacan Recuerdos de un viaje á Santiago de Galicia, por el padre F. Fita y A. Fernández-Guerra (1880) e Las diez ciudades bracarenses nombradas en la inscripción de Chaves (1888); e entre as de historia medieval Historia de España desde la invasión de los pueblos germánicos hasta la ruina de la monarquía visigoda (1890), Las ciudades bastetanas Asso y Argos (1887) e Las ciudades bélicas Ulisi y Sabora. Pertenceu á Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, irmán de Maximiliano Linares Rivas. Na Coruña liderou o Partido Unionista. Foi ministro de Gracia e Xustiza (1883-1884) polo Partido Constitucional e ministro de Fomento con Cánovas (1891-1892) e (1895-1897) e senador vitalicio. Escribiu La Primera cámara de la Restauración. Retratos y Semblanzas (1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano e escritor. Dedicou a maior parte da súa vida ao estudo da orde dos Predicadores en Galicia e dirixiu a Asociación Regional del Santo Rosario (1913). Foi membro da Real Academia Galega (1941). Colaborou, co pseudónimo de León Yebra Oliver en diversos xornais como Faro de Vigo, El Ideal Gallego ou La Voz de Galicia. No boletín católico Logos publicou cinco ensaios entre 1933 e 1936, no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo o artigo “El convento Santo Domingo de Vivero” e no Boletín de la comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense (1937) un artigo sobre o santoral, que deu pé á publicación de Santoral gallego (1941). Publicou tamén Los dominicos en Santiago: apuntes históricos (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, escritor e político. Militou en diferentes partidos federalistas, defendeu o proxecto de constitución do estado galego, o laicismo e o federalismo, e foi un dos promotores da primeira Asemblea Federal de Galicia celebrada na Coruña (1886). Iniciou a súa andaina xornalística en Diario de Lugo, que dirixiu entre 1879 e 1884; nese último ano fundou o xornal El Regional e, posteriormente, en Madrid, colaborou en Revista de España e La Ilustración Española y Americana, entre outras publicacións, ademais de dirixir Nuevo Mundo. Escribiu varias obras con influencias de Zorrilla, Bécquer, Campoamor e do estilo costumista de V. Lamas Carvajal. Destacan Impresiones y recuerdos (1877), Otoñales (1889), Cousas da aldea (1891), onde se inclúen diversos cadros de costumes do mundo rural; Romancero de la ciudad de Lugo (1892), a lenda romántica A cova da serpe (1892) e o ensaio El regionalismo y la...
VER O DETALLE DO TERMO