Aurelio/Aurelia

Aurelio/Aurelia
[ONOM]

Antropónimo que vén do latín Aurelius, nome dunha gens romana, probablemente derivado da mesma voz indoeuropea da que procede Aurora; para outros investigadores ten a súa orixe no latín aurum ‘ouro’. Levan este nome os santos: santo Aurelio de Cartago (ss IV-V), arcebispo desta cidade norteafricana; santo Aurelio de Córdoba (s IX), degolado por orde de ‘Abd al-Ra Palatino; ḥ mān II; santa Aurelia de Estrasburgo (s IV), compañeira de santa Úrsula, quen conseguiu librarse da masacre de Colonia de 385, e santa Aurelia de Roma (s III), virxe e mártir na persecución do Emperador Valerio. A festa de Aurelia celébrase o 25 de setembro, o 15 de outubro ou o 2 de decembro, mentres que Aurelio conmemórase o 20 de outubro, o 27 de xullo e o 12 e 15 de novembro. Na tradición oral recóllense espresións como: “Por san Aurelio, bois ao cortello”, referida a un santo Aurelio que se celebra o 15 de novembro.