áureo -a
(< lat aurĕu)
-
adx
Que é de ouro.
Ex: Os seus pendentes desprendían un brillo áureo.
-
adx
Que é dunha cor semellante ao ouro.
Ex: A brisa abanaba os seus cabelos áureos.
-
adx
Que resulta precioso, excelentísimo, de carácter óptimo.
Ex: Sempre afirmaba que a madurez era a etapa áurea da vida dunha persoa.
-
s
m
[NUMIS]
Moeda de ouro romana chamada en latín aureus. Os primeiros áureos apareceron a finais da República, nos tempos de Sila, pero non se cuñaron ata a época de César. Equivalía a vinte e cinco denarios. Os seus múltiplos eran o binius ou binio (de duplo valor), o ternius ou ternio (triplo) e o quaternius ou cuaternio (cuadruplo); a partir do s III apareceron o quinarius ou quinario (quíntuplo valor) e o triens/tremis ou triente (tercio). Durante a época imperial a crise económica obrigou a ir reducindo o peso de todas as moedas. Dende mediados do s III o áureo converteuse nun lingote de ouro cun selo oficial que garantía a súa lei. Coa reforma monetaria de Constantino tomou o nome de solidus aureus (sólido áureo) ou simplemente solidus (sólido).
-
número áureo
[MAT]
Número dado pola expresión (1.+*5)/2, que equivale aproximadamente a 1,618 e que corresponde a unha proporción considerada particularmente estética. Tamén se coñece como número de ouro.
-
número áureo
[CRON]
Número de orde do ano civil gregoriano, considerado dentro do ciclo lunar ou ciclo de Metón (de 19 anos de duración). Como ao primeiro ano da nosa era lle corresponde o 2 como número áureo, para obter o número áureo de calquera ano civil gregoriano haberá que aumentar unha unidade ao número do ano e dividilo entre 19.