"Avena" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das poáceas englobadas baixo a denominación común de avea.
-
PERSOEIRO
Escritor, irmán de Richard Avenarius. Publicou dúas antoloxías líricas cunha motivación didáctica, e fundou e dirixiu en Dresden a revista cultural Der Kunstwart. Escribiu poesía e algún poema dramático como Fausto (1919) e Baal (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo idealista. Formulou o empirocriticismo ou a filosofía da experiencia pura. Procurou formular cientificamente as características esenciais da experiencia, depurada das superestruturas metafísicas. Para definir os elementos orixinais que preceden a toda teoría fixo unha análise crítica do feito da experiencia, tendo en conta a relación suxeito-obxecto e os condicionamentos físicos. Empregou unha terminoloxía nova con miras a construír unha linguaxe simbólica, como a dos matemáticos. As súas obras máis notables son Kritik der reinen Erfahrung (Crítica da experiencia pura, 1888) e Der menschilche Weltabegriff (A concepción humana do mundo, 1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro de minas e xeólogo. Ampliou os seus estudios en Alemaña. En 1834 realizou un estudo xeolóxico en Castela para abrir pozos artesianos. Entre os anos 1864 e 1873 presidiu a comisión que realizou o mapa xeolóxico de España. Publicou Bosquejo geológico del distrito de Barcelona y Tarragona, con algunos apuntes de las de Lérida y Gerona e, xunto con José Espinosa, Memorias sobre las observaciones astronómicas para los navegantes españoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo, poeta e produtor teatral inglés. Estudiou en Oxford, participou na Guerra Civil (1642-1648) e despois refuxiouse en Francia. De regreso a Inglaterra, Carlos I nomeouno cabaleiro, pero posteriormente encarcerárono na Torre de Londres a causa do poema Gondibert. Foi un dos principais animadores do Teatro da Restauración, gañou considerable crédito tanto nas salas privadas como nos teatros públicos. Despois dunha traxectoria como dramaturgo e empresario, creou a súa propia compañía, The Duke’s Company, coa que se estableceu no Lincoln’s Inn Fields, primeiro teatro en contar con maquinaria para cambios de escenografía. Foi un dos primeiros empresarios en potenciar a introdución de actrices nun teatro interpretado exclusivamente por homes. Entre as súas obras destacan The Wits (Os talentos, 1633), The Temple of Love (O templo do amor, 1634), Unfortunate Lovers (Amantes desafortunados, 1634), Love and Honour (Amor e honra, 1646), The...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e boxeador. Coñecido como Arthur Cravan, foi campión de Europa de boxeo. Fundou e dirixiu a revista Maintenant (1912-1915), foi precursor do dadaísmo e afirmou que do futurismo ía derivar toda a pintura posterior.
VER O DETALLE DO TERMO