Davenant, William

Davenant, William

Dramaturgo, poeta e produtor teatral inglés. Estudiou en Oxford, participou na Guerra Civil (1642-1648) e despois refuxiouse en Francia. De regreso a Inglaterra, Carlos I nomeouno cabaleiro, pero posteriormente encarcerárono na Torre de Londres a causa do poema Gondibert. Foi un dos principais animadores do Teatro da Restauración, gañou considerable crédito tanto nas salas privadas como nos teatros públicos. Despois dunha traxectoria como dramaturgo e empresario, creou a súa propia compañía, The Duke’s Company, coa que se estableceu no Lincoln’s Inn Fields, primeiro teatro en contar con maquinaria para cambios de escenografía. Foi un dos primeiros empresarios en potenciar a introdución de actrices nun teatro interpretado exclusivamente por homes. Entre as súas obras destacan The Wits (Os talentos, 1633), The Temple of Love (O templo do amor, 1634), Unfortunate Lovers (Amantes desafortunados, 1634), Love and Honour (Amor e honra, 1646), The Siege of Rhodes (O Sitio de Rhodas, 1656), libreto da primeira ópera cantada en inglés na súa totalidade, e The History of sir Francis Drake (A historia de sir Francis Drake, 1659). Recolleu os seus versos no volume Madagascar.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Oxford

  • Deceso

    Lugar : Londres