"Azua" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Revista bilingüe nacida en Montevideo en xullo de 1929 e subtitulada “Boletín de la Asociación Protectora de la Cultura Gallega”. Participaron na súa edición os seguintes colaboradores: Constantino Sánchez Mosquera, Anxo Aller, Xulio Sigüenza, Roberto Blanco Torres, Miguel Barros Castro e Augusto Mª Casas, entre outros. A publicación colaborou, xunto con outras institucións, na obtención de recursos económicos para soster o Seminario de Estudos Galegos e a Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito da República Dominicana (2.532 km2; 199.684 h [1993]). A súa capital é Azua de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do distrito de Azua, na República Dominicana (31.481 h [1981]), situada na baía de Ocoa, á beira do mar Caribe, no S do país. Mercado agrícola, ten porto e aeroporto internacional. Fundouna en 1504 Diego de Velázquez co nome de Compostela. En 1751 un tremor de terra destruíu o seu primeiro emprazamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no límite suroccidental da provincia (9.274 h [1996]). Pertencente á comarca de La Campiña de Llerena. Centro agrícola e gandeiro, destacan os tradicionais rabaños ovinos. Hai industrias do moble e de bebidas. Ten un castelo de orixe árabe. A lenda asegura que no seu asentamento estaba o campamento romano no que foi entregada a cabeza de Viriato a Escipión, quen no acto pronunciara a célebre frase: “Roma non paga a traidores” dirixida aos asesinos do xefe lusitano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encordiar a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO