Arazúa
Arazúa
[PUBLIC]
Revista bilingüe nacida en Montevideo en xullo de 1929 e subtitulada “Boletín de la Asociación Protectora de la Cultura Gallega”. Participaron na súa edición os seguintes colaboradores: Constantino Sánchez Mosquera, Anxo Aller, Xulio Sigüenza, Roberto Blanco Torres, Miguel Barros Castro e Augusto Mª Casas, entre outros. A publicación colaborou, xunto con outras institucións, na obtención de recursos económicos para soster o Seminario de Estudos Galegos e a Real Academia Galega.