"Bañobre" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • ENSEADAS

    Enseada da beira oriental da ría de Betanzos, comprendida entre a punta Redonda (ó N) e a punta Satareixas (ó S) no litoral do concello de Miño (parroquias de Perbes, Castro e Miño).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. Este topónimo, localizado en terras de Miño e Guitiriz, semella ser unha formación híbrida composta polo latín balneu ‘baño’ máis a terminación de orixe celta -obre, derivada do céltico -brix ~ -bris ‘altura, monte’.

    2. Na heráldica galega corresponde aos Tenreiro do pazo de Bañobre en Miño, partido de Pontedeume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Santa María de Castro (Miño). Recibe tamén o nome de pazo de Leiro. Foi reformado en 1981. A fachada está revocada, sobre a entrada, constituída por un muro de cantería no que sobresae o balcón. O brasón principal está dividido en oito cuarteis coas armas dos Andrade, Bermúdez, Castro, Figueroa, Moscoso Santiso, Soutomaior e Vilardefrancos. Conserva a capela pero moi afectada por unha vivenda construída á súa beira.

    VER O DETALLE DO TERMO