Bañobre, pazo de
Bañobre, pazo de
Situado en Santa María de Castro (Miño). Recibe tamén o nome de pazo de Leiro. Foi reformado en 1981. A fachada está revocada, sobre a entrada, constituída por un muro de cantería no que sobresae o balcón. O brasón principal está dividido en oito cuarteis coas armas dos Andrade, Bermúdez, Castro, Figueroa, Moscoso Santiso, Soutomaior e Vilardefrancos. Conserva a capela pero moi afectada por unha vivenda construída á súa beira.